O deputado de Reto Demográfico e Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, participou no día 11 de febreiro na acción da oficina itinerante AceleraPyme da Deputación de Ourense celebrada no Concello de Maceda.
Blecua acompañou o equipo AceleraPyme, que a través dunha furgoneta itinerante facilitan aos autónomos e pemes da provincia a tramitación do kit dixital e doutras ferramentas para impulsar a súa transformación dixital.
