/

6 de Novembro de 2024

Primeira Sesión Formativa en Nogueira de Ramuín

A sesión formativa “Presentación do Proxecto AceleraPyme” tivo lugar o día 5 de outubro no Salón de Plenos do Concello de Nogueira de Ramuín.

Nogueira de Ramuín, 6 de novembro de 2024

Persoal técnico da oficina Acelerapyme impartiu presentacións detalladas a autónomos e empresarios da comarca sobre as solucións dixitais máis innovadoras e como implementarlas de maneira efectiva nas súas actividades.

Durante o evento, os asistentes recibiron unha visión xeral do Proxecto AceleraPyme, incluíndo os seus obxectivos e as ferramentas dispoñibles para apoiar a dixitalización dos autónomos.

En conxunto, a actividade subliñou a importancia da dixitalización para mellorar a eficiencia, a competitividade e a experiencia do cliente nos servizos ofrecidos por autónomos e pequenas e medianas empresas.