ART. 6.1.E NORMATIVA XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS, INTERESE PÚBLICO E ART. 8 LOPD-GDD
Responsable do tratamento dos seus datos persoais
Responsable
Identidade: DEPUTACIÓN DE OURENSE.
CIF P3200000B.[Código DIR3 L02000032]
Enderezo Postal: Rúa Progreso 32, 32003 Ourense
Teléfono: (+34) 988 317 500
Correo electrónico: atga@depourense.gal
Delegado de Protección de Datos
Datos de contacto: dpd@depourense.es
Correo postal: rúa Progreso 32, 32003 Ourense
Con que finalidade tratamos os teus datos?
Nesta Entidade tratamos a información obtida coa finalidade de poder tramitar expedientes administrativos e as actuacións derivadas deles.
Canto tempo conservaremos os teus datos?
Almacenamos os datos durante o tempo necesario para poder cumprir coas obrigas legais encomendadas pola normativa administrativa, e sempre, cumprindo polo menos o tempo mínimo de conservación da información. De conformidade co disposto no artigo 26 da LOPD-GDD, o tratamento por parte desta Entidade dos datos con fins de arquivo de interese público será lícito, cumprindo sempre a normativa vixente en materia de arquivos e documentación.
Existencia de decisións automatizadas?
Esta Entidade poderá adoptar decisións automatizadas en función da cobertura legal que lle outorga o artigo 41 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Trataríase de calquera acto ou actuación realizado integramente por medios electrónicos no marco dun procedemento administrativo e no que non interviñese directamente unha persoa.
A toma de decisións automatizada debe estar regulada na súa propia normativa, definindo especificacións, programación, mantemento, supervisión e control de calidade. A devandita normativa estará á disposición dos cidadáns na sede electrónica desta Entidade.
Cal é a lexitimidade para o tratamento dos seus datos persoais?
A base legal para o tratamento dos seus datos é o cumprimento dunha misión que se realice en interese público ou no exercicio de poderes públicos, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
Cales son os seus dereitos en relación cos datos facilitados?
Calquera persoa ten dereito a obter información sobre se os seus datos persoais están a ser tratados nesta Entidade ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, ao período de conservación dos seus datos, incluso a obter unha copia dos datos obxecto de tratamento.
Así mesmo, ten dereito a rectificar os datos se son inexactos. (Por exemplo, pode solicitar unha rectificación do seu enderezo, un cambio de nome, etc.).
Os interesados teñen dereito a limitar o tratamento, para iso deberán solicitalo ao responsable, que deberá suspender o tratamento dos datos cando os cidadáns soliciten a rectificación ou supresión dos seus datos, ata que se resolva a súa solicitude.
Os interesados poderán exercer o dereito de supresión (dereito ao esquecemento) sempre que concorran as circunstancias recollidas no RGPD e segundo o regulado no artigo 15 da LOPD-GDD.
O afectado poderá exercer o dereito de oposición ao tratamento, sempre por motivos relacionados coa súa situación persoal, agás cando se acredite un interese lexítimo, ou cando sexa necesario para o exercicio ou a defensa de reclamacións. Así mesmo, cando o tratamento estea destinado á mercadotecnia directa.
O interesado terá dereito á portabilidade para obter os datos nun formato estruturado, de uso común e lexible por máquina, e transmitilos a outro responsable cando o tratamento se basee no consentimento ou se realice por medios automatizados.
Os interesados poderán exercer os dereitos sinalados nos parágrafos anteriores, a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica desta entidade ou remitindolle un escrito por correo postal.